O sábado, 30 de outubro, o Ateneo de Santiago realizará unha saída ao municipio de Touro, na que se visitará a explotación Gandeira Sar S.L., a Finca Granxa Asunción, o Museo do Mel e o Embalse de Portodemouros, facendo unha parada para comer no Pazo de Andeade.

PROGRAMA:

10.00h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.

10.30h. Parada para tomar algo no municipio de O Pino. 

11.00h. Visita a S.A.T. Gandería SAR S.L. en Bama, Touro.
Unha das máis importantes de Galicia e tamén das máis grandes xa que anda nas 800 vacas en muxido, que producen uns 30.000 l. ao día. SAR foi montada por catro familias veciñas hai tan só 10 anos e hoxe é unha referencia máis aló de Galicia. 

12.30h. Visita á Finca-Granxa Asunción na Muiña, Touro.
Unha granxa familiar que posúe unhas 150 vacas en muxido. Está totalmente robotizado o muxido, limpeza e alimentación. Destaca tamén por ser, talvez, unha das máis bonitas de Galicia xa que está montada nunha contorna axardinada.

14.00h. Comida no Pazo de Andeade
O Pazo foi construído no século XVIII e restaurado en 1995 con materiais orixinais. Conserva fielmente a memoria das antigas casas da nobreza galega: o hórreo, o pombal, e a capela son boas mostras de elo. O conxunto arquitectónico que o forma está rodeado dunha carballeira centenaria. Actualmente é unha Casa de Turismo Rural e Restaurante. 

Menú: 
Arroz caldoso de peixe. 
Cinta de lombo asada rechea de queixo de Arzúa-Ulloa e verduras.
Sobremesa da casa.
Bebidas: cervexa, refrescos, augas e viño D.O. galegos branco e tinto.

17.00h. Visita ao Museo do Mel e Embalse de Portodemouros.
O Museo da Mel é un museo vivinte, no que se mostra unha visión da apicultura dos nosos antepasados e a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna.
O Embalse de Portodemouros, construído en 1968, sitúase na cunca fluvial do río Ulla.

19.00h. Cruce do Embalse no Transbordador, con saída a 8 kms. de Arzúa.

19.45h. Regreso a Santiago.

O prezo da viaxe é de 37€ por persoa, incluíndo autobús, comida e visitas, e os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o mércores, 27 de outubro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é limitada polo que terán preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo por orde de inscrición.

Próximos eventos Ver axenda