Debate sobre «El tío Goriot» de Honoré de Balzac

Data
Martes, 30 de novembro de 2021
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 30 de novembro, e 9, 14 e 21 de decembro, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El tío Goriot de Honoré de Balzac.

Situada no París brillante do século XIX, auténtica «capital do mundo», El tío Goriot é unha das mellores e máis célebres novelas de Honoré de Balzac. Agudo observador da sociedade e bo coñecedor das paixóns humanas, retratou nela de forma maxistral a ambición, a codicia, a corrupción e o desamor dunha sociedade cegada polo afán de enriquecemento e de ascenso social, e onde non hai lugar para a inocencia.

Honoré de Balzac (Tours, 1799-París, 1850) era fillo dun modesto aldeán que, grazas aos cambios que acompañaron a Revolución de 1789 e ás súas habilidades, foi ascendendo na escala social ata gozar dos luxos da alta sociedade durante as campañas napoleónicas. Na súa infancia, sentiuse rexeitado pola súa nai, causa “de todo o mal na miña vida”, confesou. A finais de 1814 a familia trasladouse a París e en 1816 matriculouse como estudante de xurisprudencia na universidade mentres traballaba de escribinte no bufete dun avogado. Tras licenciarse, comezou a traballar no despacho dun notario pero en 1819 declarou que non quería exercer unha profesión burguesa senón ser escritor e facerse rico e célebre cos seus libros. A caída de Napoleón empobreceu á familia Balzac. Entre 1821 e 1829 escribiu baixo un pseudónimo multitude de novelas de ínfima calidade e embarcouse en negocios relacionados co mundo editorial nos que fracasou. O seu primeiro éxito literario obtívoo coa novela Los Chuanes, á que lle seguiu La piel de zapa (1831). Ao ano seguinte concibiu a idea de escribir unha serie de novelas que retratasen á sociedade do seu tempo e que integrou nas Escenas de la vida privada, xermolo do seu ciclo novelístico La Comedia humana

Próximos eventos Ver axenda