Conferencia «Poder Xudicial e Democracia ao redor da elección do Consello Xeral do Poder Xudicial» de Xermán Varela
- Data
- Luns, 25 de outubro de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O luns, 25 de outubro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Poder Xudicial e Democracia ao redor da elección do Consello Xeral do Poder Xudicial» que estará impartida por Xermán Varela, Maxistrado ex-Voceiro de Xuíces e Xuízas para a Democracia.
Xermán Varela Castejón foi voceiro en Galiza da asociación Xuíces e Xuízas para a Democracia e membro da súa Comisión Penal. Tamén foi membro do Grupo de Estudos de Política Criminal e do Grupo de Estudos Xudiciais e participou en diversos proxectos como a coordinación da Revista Xurídica Galega (REXURGA) ou a elaboración do Dicionario Xurídico Galego. Actualmente exerce como Maxistrado no Xulgado de instrución nº 2 de Pontevedra, tras estar destinado en lugares como Castro Urdiales, Marín e Figueres.