Conferencia «Luz Pozo Garza e Xohana Torres. Ler dúas escritoras diferentes» de Carmen Blanco
- Data
- Luns, 18 de outubro de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O luns, 18 de outubro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, para conmemorar o Día das Escritoras titulada «Luz Pozo Garza e Xohana Torres. Ler dúas escritoras diferentes» que estará impartida por Carmen Blanco, Escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Carmen Blanco publicou ensaio, poesía e narrativa, en moitos casos, rompendo os límites dos xéneros. Como ensaísta é autora de numerosas obras sobre poder, memoria, muller, sexo e cultura, entre elas “Literatura galega da muller”, “Nais, damas, prostitutas e feirantas”, “O contradiscurso das mulleres”, “Mulleres e independencia”, “Sexo e lugar”, “Feministas e libertarias” ou “Letras lilas”. Publicou tamén traducións, por exemplo de Safo ou de poesía galega na mostra “Extranjera en su patria” en Galaxia Gutenberg e moi numerosas monografías e edicións de autores galegos. Como poeta deu a coñecer “Estraña estranxeira”, “Un mundo de mulleres” e “Lobo amor”, e, como narradora, a recreación de contos clásicos “Vermella con lobos” e a novela de microrrelatos “Atracción total”.