Instrumentos, xéneros e contextos
- Data
- Do 8 ao 22 de outubro de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
- Máis información
Por mor da situación sanitaria, nesta terceira edición, estes encontros celebraranse inmediatamente antes do inicio do concerto co público xa acomodado na súa localidade.
INSTRUMENTOS, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos
A actividade complementaria e didáctica do festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas, aos seus instrumentos e os seus contextos, á música, a súa historia e os seus xéneros. As breves sesións contribuirán a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora do concerto. Os protagonistas destes encontros serán os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo, os instrumentos, dispostos a satisfacer dúbidas e curiosidades e a ilustrar e amosar as peculiaridades de instrumentos tan vencellados ao Barroco como o clave, o cornetto, a guitarra barroca, o arquilaúde, a voz e mesmo tratar temáticas e formas musicais con protagonismo neste Ateneo Barroco 2021 como os Trobadores ou a Chacona…
Instrumentos, xéneros e contextos # 1
O clave, Domenico Scarlatti
ENRICO BAIANO
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Venres 8 outubro 2021 | 20.30h
Instrumentos, xéneros e contextos # 2
Trobadores
PALOMA GUTIÉRREZ DEL ARROYO / MANUEL VILAS
Igrexa da Universidade
Mércores 13 outubro 2021 | 20.00h
Instrumentos, xéneros e contextos # 3
O cornetto
BRUCE DICKEY
Salón Teatro
Venres 15 outubro 2021 | 20.00h
Instrumentos, xéneros e contextos # 4
A chacona, Compostela
FERNANDO REYES
Teatro Principal
Venres 22 outubro 2021 | 20.00h