Asemblea extraordinaria para a elección da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago

Data
Luns, 14 de xuño de 2021
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago e Zoom
Compartir

O luns, día 14 de Xuño, terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios do Ateneo de Santiago para a elección da Xunta Directiva, que se celebrará en primeira convocatoria ás 17.00 horas e en segunda convocatoria ás 18.00 horas no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, sito na Praza de Salvador Parga, 4-2º.

Ordinariamente, a Asemblea reúnese en segunda convocatoria.

A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
1.   Eleccións á Xunta Directiva do Ateneo de Santiago.
      18h. Constitución da Mesa Electoral, conformada polos membros da Xunta electoral.
               Os ateneístas poderán achegarse ao Salón de Actos en calquera momento entre as 18h e as 20h para depositar o seu voto de forma presencial, sen necesidade de preinscrición, acreditando a identidade a través do DNI ou documento equivalente. As papeletas estarán dispoñibles no propio Salón.
       20h. Peche da urna e escrutinio.
      Nomeamento e toma de posesión da nova Xunta Directiva.
2.   Proposta de nomeamento de Presidente Honorario do Ateneo de Santiago.

A asistencia á Asemblea requirirá preinscrición no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal ata o límite establecido pola normativa sanitaria vixente no momento.

NOTA: A partir do escrutinio poderase participar na Asemblea a través de Zoom.

Próximos eventos Ver axenda