Visita guiada á exposición «Corpos presentes»

Data
Xoves, 10 de xuño de 2021
Horario
11.00h e 12.00h
Lugar
Igrexa da USC e Colexio de Fonseca
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O xoves, 10 de xuño, ás 11.00h e ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unhas visitas gratuítas á exposición «Corpos presentes», guiadas pola Comisaria da mostra Susana González, Directora dos fondos artísticos da Fundación María José Jove. 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, indicando a hora elixida e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.

A mostra, situada na Igrexa da USC e no Colexio de Fonseca, está composta por trinta das obras máis importantes da Colección de Arte da Fundación María José Jove, as cales desenvolven unha narrativa en torno ao corpo, convidando a repensar conceptos básicos da peregrinación con procesos místicos e espirituais implícitos tamén no proceso creativo. Entre as obras elixidas atópanse autores como Mariano Fortuny, Eduardo Chillida, Salvador Dalí, Anselm Kiefer, Georg Baselitz, Antony Gormley, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Tápies, Antonio Saura, Juan Muñoz, Helena Almeida, Julião Sarmento, Elmgreen and Dragset, Ángela de la Cruz, Jorge Barbi, Manuel Vilariño, June Crespo, Antoni Tàpies e Esther Ferrer. 

Máis información

Próximos eventos Ver axenda