Inauguración da exposición «Dona Emilia e Compostela» no CSC Santa Marta

Data
Mércores, 12 de maio de 2021
Horario
11.00h
Lugar
CSC Santa Marta
Compartir

O mércores, 12 de maio, ás 11 horas terá lugar no CSC de Santa Marta a inauguración da exposición «DONA EMILIA E COMPOSTELA», organizada polo Ateneo de Santiago coa colaboración da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

No acto participarán:

  • José Manuel González Herrán, Comisario da mostra e Profesor da USC
  • Francisco Candela, Secretario do Ateneo de Santiago

A exposición «Dona Emilia e Compostela» estará instalada no CSC de Santa Marta durante todo o mes de maio. Comisariada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española da USC e Vogal da Directiva do Ateneo de Santiago e Santiago Díaz Lage, Profesor na UNED (Madrid), ten como principal obxectivo amosar a presenza da escritora en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios,  etc.). No Salón Artesoado estará a primeira parte, “Emilia en Compostela (1866-1879)”, que recollerá mostras (documentos, imaxes, libros) da súa presenza, estadías, traballos e relacións persoais en Santiago. A segunda parte, “Compostela na obra de Pardo Bazán (1880-1921)”, na Capela, reflectirá a presenza da cidade nos seus relatos, ensaios, artigos e crónicas xornalísticas.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda