Conferencia «Unha sorte de anarquía. A traxectoria vital e literaria de Xela Arias» de María Xesús Nogueira
- Data
- Luns, 24 de maio de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
- Máis información
Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:
Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiagoAs preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

O luns, 24 de maio ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas titulada «Unha sorte de anarquía. A traxectoria vital e literaria de Xela Arias» que estará impartida por María Xesús Nogueira, profesora da USC e editora de Xela Arias.
María Xesús Nogueira é Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e Presidenta da Asociación Galega da Crítica dende a súa creación en 2015. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal e actualmente éo do Boletín Galego de Literatura. Colabora no portal de internet culturagalega.org e é autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria. Entre as súas obras destaca a edición, introdución e notas do volume Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004).