Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e ao Museo de Pontevedra

Data
Mércores, 28 de abril de 2021
Máis información
  • Calzado cómodo para a visita ao parque.
  • Duración aproximada de cada visita: 2 horas.
  • Prezo entrada e visita guiada ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro : 3,60€
  • Prezo comida na casa Tito (Campo Lameiro): 22€ aproximadamente
  • Prezo entrada e visita guiada ao Museo de Pontevedra: de balde
  • Distancia Santiago-Campo Lameiro: 50 km / 60 minutos
  • Distancia Campo Lameiro-Pontevedra: 25 km / 35 minutos
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O mércores, 28 de abril, o Ateneo de Santiago realizará unha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e ao Museo de Pontevedra, que inclúe o seguinte:

MAÑÁ:
Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Visita ao centro de interpretación e percorrido polo parque. Visita guiada a unha das maiores concentracións de petróglifos ao aire libre de toda Europa. Trátase dun percorrido duns 3 quilómetros que permite facerse unha idea da importancia deste enclave e descubrir os principais motivos dos gravados rupestres galegos.

Comida en Casa Tito (Campo Lameiro).

TARDE:
Visita guiada ao Museo de Pontevedra. Edificios Sarmiento e Castelao (ou Sexto Edificio)
O museo de Pontevedra actualmente consta de seis edificios, aínda que nesta ocasión visitaremos dous. No edificio Sarmiento exhíbese nas súas salas fondos arqueolóxicos da prehistoria e a antigüidade, a arte galega medieval ata o século XIII e coleccións de louza. O edificio Castelao consta de 23 salas de exposición permanente, mostrando a evolución da arte galega dende o gótico ata a actualidade, así como manifestacións artísticas realizadas noutros puntos de España dende os tempos de Goya ata mediados do século XX.

Como consecuencia da pandemia do coronavirus e para unha maior seguridade, os traxectos realizaranse en vehículos particulares. Aquelas persoas que non dispoñan de coche deberán comunicalo. O prezo da viaxe será o da comida (22€ aproximadamente) e a entrada ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (3,60€), que se aboarán directamente.

As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com ata o domingo 25 de abril, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é limitada polo que serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os/as socios/as do Ateneo. 

Próximos eventos Ver axenda