Visita guiada á exposición «Dona Emilia e Compostela»
- Data
- Sábado, 10 de abril de 2021
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Pazo de Fonseca
O sábado, 10 de abril, ás 12h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Dona Emilia e Compostela», situada no Pazo de Fonseca.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.
A exposición «Dona Emilia e Compostela», organizada polo Ateneo de Santiago coa colaboración da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e comisariada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española da USC e Vogal da Directiva do Ateneo de Santiago, e Santiago Díaz Lage, Profesor na UNED (Madrid), ten como principal obxectivo amosar a presenza da escritora en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios, etc.).