Conferencia «Matemáticas, Linguas e outros asuntos» de Victoria Otero

Data
Luns, 12 de abril de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Sociedade da Información
Compartir

O luns, 12 de abril ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade da Información, titulada «Matemáticas, Linguas e outros asuntos» que estará impartida por Victoria Otero, Catedrática de Matemáticas da USC.

Victoria Otero Espinar é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, tendo realizado a súa tese doutoral baixo a dirección dos doutores Charles Tresser (Universidade de Nice e Centro de Investigación IBM en New York) e Fernando Costal (USC) en 1992, sobre os Sistemas Dinámicos discretos. Entre 2009 e 2017 ocupou o cargo de Decana da Facultade de Matemáticas da USC e é membro do Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da USC, así como de sociedades profesionais e outras asociacións científicas. Autora de máis de 30 publicacións científicas en revistas internacionais, tamén participou como conferenciante e organizadora de reunións científicas, congresos e seminarios nacionais e internacionais, así como na elaboración de libros e capítulos de libros. As súas estadías en centros e laboratorios nacionais e internacionais supuxeron a estreita colaboración con diferentes matemáticos e científicos, o que se reflicte en moitos dos traballos realizados e publicados nas diferentes liñas de investigación desenvolvidas. Responsable, colaboradora e participante en diversos proxectos de investigación financiados por institucións europeas, nacionais e autonómicas, dirixiu teses doutorais, tesinas, traballos fin de master e outros traballos de investigación. Participa activamente en actividades de innovación docente e na organización de actividades de divulgación científica, encamiñadas a conseguir un achegamento das Matemáticas á sociedade.

Próximos eventos Ver axenda