O xoves, 25 de marzo, o Ateneo de Santiago realizará unha visita a Goián (Tomiño), situado no Baixo Miño, que inclúe as seguintes visitas:

MAÑÁ:
Arte Bronce Fundición
Fundición de Arte que responde á demanda de numerosos artistas plásticos que necesitan reproducir as súas obras orixinais.
Taller de Cerámica Leandro Alonso
Leandro Alonso é un artesán galego, ligado á cerámica dende 1980. No seu taller crea pezas únicas co afán de preservar a arte galega e ofrecer ao turismo unha cerámica autóctona e diferente.

Comida no Restaurante Eiras.

TARDE:
Monte de Santa Tegra
A citania de Santa Trega está considerada como un dos exemplos de cultura castrexa-romana máis importante do Noroeste peninsular. O legado relixioso materialízase nos Vía Crucis, o cruceiro de San Francisco e a ermida de Santa Trega. Os Picos de O Facho e San Francisco ofrecen inmellorables panorámicas da desembocadura do Miño, Portugal, o océano Atlántico e o val do Rosal.
Porto da Guarda
Caracterízase polas casas típicas mariñeiras, estreitas, de varios pisos e de gran colorido, que xunto aos diques configuran o Porto como un animado punto de encontro grazas ás rúas peonís, terrazas e restaurantes.

Como consecuencia da pandemia do coronavirus e para unha maior seguridade, o traxecto ata Goián realizarase en vehículos particulares. Aquelas persoas que non dispoñan de coche serán distribuídas nas prazas vacantes doutros vehículos. Así, o prezo da viaxe será unicamente o da comida, que se aboará directamente no restaurante.

As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com ata o martes 23 de marzo, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é limitada polo que serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os/as socios/as do Ateneo. 

Próximos eventos Ver axenda