Debate sobre «El viaje de Baldassare» de Amin Maalouf

Data
Martes, 1, 8, 15 e 22 de xuño de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

Os martes, 1, 8, 15 e 22 de xuño, ás 17.45h terán lugar novas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra El viaje de Baldassare, de Amin Maalouf.

A obra narra a viaxe de Baldassare, un rico comerciante de libros xenovés que reside en Gibelet e que está na procura dun libro sagrado, que contén o nome de Deus. Quen coñece dito nome sagrado ten a resposta para a salvación das almas da fin do mundo, cando chegue a apocalipse, segundo algúns, no ano 1666.

Amin Maalouf é un escritor libanés. Estudou ademais economía, política e socioloxía e traballou para o xornal An Nahar, do que foi correspondente durante máis de 10 anos. Recibiu o premio Maisson de Presse grazas á súa novela Samarcanda e o Goncourt por La roca de Tanios.

Próximos eventos Ver axenda