Debate sobre «Hôzuki, la librería de Mitsuko» de Aki Shimazaki

Data
Martes, 18 e 25 de maio de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

Os martes, 18 e 25 de maio, ás 17.45h terán lugar novas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra Hôzuki, la librería de Mitsuko, de Aki Shimazaki.

Mitsuko ten unha libraría de lance especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días con súa nai e Tarô, o seu fillo xordo. Cada venres á noite convírtese en camareira dun bar de alterne de alta gama, un traballo que lle permite asegurarse a súa independencia económica, e apreciar as súas charlas cos intelectuais que frecuentan o establecemento.

Aki Shimazaki é unha novelista e tradutora canadense de orixe xaponés. Mudouse ao Canadá con 27 e dende 1991, publica as súas obras en francés. Moitas das súas novelas foron premiadas con premios como o Ringuet (por Hamaguri) ou o premio de literatura canadiense xaponesa (por Wasurenagusa). As súas obras foron traducidas a moitas linguas entre elas o inglés, o alemán, o italiano ou o galego.

Próximos eventos Ver axenda