Debate sobre «A memoria da choiva» de Pedro Feijoo

Data
Martes, 20 e 27 de abril e 4 e 11 de maio de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

Os martes, 20 e 27 de abril, e 4 e 11 de maio ás 17.45h terán lugar novas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.

Pedro Feijoo Barreiro é un músico e escritor galego, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como músico, produtor e compositor nalgúns proxectos musicais. En 1997 publica o seu primeiro libro: Cousas do «Galicia», por Castelao. Posteriormente publicou varias obras de narrativa (A memoria da choiva; Os fillos do mar; Morena, perigosa e romántica, ou Os fillos do lume) e ensaio (Viva o Fu Remol! ou Camiñar o Vigo vello).

Próximos eventos Ver axenda