Curso de meditación

Data
Mércores, 3, 10, 17 e 24 de marzo de 2021
Horario
17.00h
Lugar
Zoom
Compartir

Os mércores, 3, 10, 17 e 24 de marzo, ás 17.00h terán lugar novas sesións telemáticas do Curso de meditación a través da plataforma Zoom.

Este ano as clases seguirán o libro Los 4 Fundamentos del Mindfulness de Bhante Henepola Gunaratana (Editorial Kairo), o cal deberá ser adquirido por cada participante.

O obxectivo destas clases é calmar a mente e reducir o estrés enfocando a mente na respiración e utilizando o movemento, o son e outras modalidades. A ateneísta Zinnia Maravell ensinará varios métodos para tranquilizar os pensamentos: movemento contemplativo, canto, concienciación do corpo e meditación sentada. Cando a mente non está ocupada con desacougos do pasado ou con ansiedades polo futuro non hai sufrimento nin estrés. Unha mente tranquila permite ver as situacións con máis claridade e resolver problemas facilmente.

Próximos eventos Ver axenda