Inauguración da exposición «Dona Emilia e Compostela»

Data
Xoves, 4 de marzo de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Salón Nobre do Colexio de Fonseca
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, para asistir é obrigatoria a preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.com antes do día 2 de marzo.

Compartir

O xoves, 4 de marzo, ás 20 horas terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a inauguración da exposición «DONA EMILIA E COMPOSTELA», organizada polo Ateneo de Santiago coa colaboración da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

No acto participarán:

  • José Manuel González Herrán, Comisario da mostra e Profesor da USC
  • Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago
  • Anxo Lorenzo, Secretrario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
  • Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
  • Antonio López, Reitor da USC

A exposición «Dona Emilia e Compostela» estará instalada no Salón Artesoado e na Capela de Fonseca, entre o 4 de Marzo e o 24 de Abril de 2021. Comisariada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española da USC e Vogal da Directiva do Ateneo de Santiago e Santiago Díaz Lage, Profesor na UNED (Madrid), ten como principal obxectivo amosar a presenza da escritora en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios,  etc.). No Salón Artesoado estará a primeira parte, “Emilia en Compostela (1866-1879)”, que recollerá mostras (documentos, imaxes, libros) da súa presenza, estadías, traballos e relacións persoais en Santiago. A segunda parte, “Compostela na obra de Pardo Bazán (1880-1921)”, na Capela, reflectirá a presenza da cidade nos seus relatos, ensaios, artigos e crónicas xornalísticas.

Próximos eventos Ver axenda