Conferencia «Dona Emilia entre a hostilidade e o ridículo» de Marina Mayoral

Data
Luns, 8 de marzo de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Twitter e Facebook
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Compartir

O luns, 8 de marzo, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia para conmemorar o Día da Muller titulada «Dona Emilia entre a hostilidade e o ridículo», que estará impartida por Marina Mayoral, Académica de honra da Real Academia Galega. 

Dona Emilia Pardo Bazán , que foi unha triunfadora en moitos sentidos, mantivo, con todo, unha relación conflitiva con gran parte da sociedade do seu tempo e con moitos dos seus colegas escritores. Os prexuízos e as envexas converteron a súa vida profesional nun duro camiño. Os éxitos evidentes e as hostilidades, tamén evidentes, que tivo que soportar son as dúas caras da vida daquela extraordinaria escritora.

Marina Mayoral é novelista e Catedrática xubilada de Literatura Española. Como novelista publicou 18 novelas e 4 libros de relatos e foi traducida a diversos idiomas. Recibiu numerosos premios como a medalla Castelao polo seu labor xornalístico a prol da cultura e os premios Ámbito Literario, Novelas y Cuentos, La Hucha de Oro... Como investigadora tamén publicou numerosos libros, edicións, traballos colectivos e artigos en revistas especializadas.

Próximos eventos Ver axenda