Conferencia «A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro» de Beatriz González López-Valcárcel

Data
Luns, 8 de febreiro de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Compartir

O luns, 8 de febreiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia titulada «A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro», que estará impartida por Beatriz González López-Valcárcel, Catedrática de Economía Aplicada da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e experta en Economía da Saúde e Políticas Públicas.

Beatriz González López-Valcárcel, Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, é profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Tamén foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España, representante de Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde e Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017. En 2011 recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das Palmas de Gran Canaria en 2009 e da Illa de Gran Canaria en 2016. Tamén é profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Bos Aires e actualmente é membro do Grupo de Traballo Multidisciplinar COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Currículo completo

Próximos eventos Ver axenda