«Seique» de Susana Sánzhez Aríns

O martes 31 de marzo ás 17.30h terá lugar unha sesión telemática do Club de Lectura, na que se comentará a obra Seique, de Susana Sánchez Aríns.

Seique é unha novela que describe a represión franquista no seu día a día, dende o silencio. Recolle a historia dunha familia que vai reconstruíndo a súa vida e amosa así o terror da represión despois da guerra civil. A obra pretende facer memoria histórica dun xeito diferente ao que conta a política, as actas notariais ou os xornais. É unha obra que mistura narrativa, ensaio e poesía dun xeito totalmente innovador.

Susana Sánchez Aríns é unha escritora nada en Vilagarcía de Arousa. É licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago e é profesora de educación secundaria. Entre as súas obras destacan poemarios como A noiva e o navio ou Carne da minha carne. En 2019 saíu á luz á súa primeira e ata agora única obra narrativa, aínda que cargada de elementos poéticos, Seique.

Próximos eventos Ver axenda