Debate sobre «La vorágine» de José Eustasio Rivera

Data
Días 15 e 22 de decembro (martes) de 2020 e 12 e 14 de xaneiro (martes e xoves) de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

Os días 15 e 22 de decembro (martes), e 12 e 14 de xaneiro (martes e xoves), ás 17.45h terán lugar sendas sesións telemáticas a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra La vorágine de José Eustasio Rivera.

La vorágine é unha denuncia social sobre a violencia e a situación de explotación que se viviu na selva amazónica como consecuencia da febre do caucho. É unha das obras máis importantes da narrativa hispanoamericana. Arturo Cova, poeta, o protagonista da novela, vese obrigado a emprender unha viaxe en busca da súa prometida, raptada polos caucheiros. Cova coñecerá nesta historia o asasinato, a loita, a escravitude, o horror e a morte.

José Eustasio Rivera foi un escritor colombiano e doutor en Dereito e Ciencias Políticas e traballou como empregado do Ministerio de Goberno. Foi moi recoñecido especialmente en poesía, por obras como a Oda a España ou a Oda a san Mateo. Mentres estudaba na universidade escribiu o dama Juan Gil e o libro de sonetos Tierra de promisión. A súa primeira novela, La vorágine, comezouna a escribir en 1924, cando traballaba na Comisión Limítrofe Colombo-Venezolana. Dous anos despois, publica a súa segunda novela, La mancha negra, que foi perdida anos despois en Nova York.

Próximos eventos Ver axenda