Conferencia «USA 2020. O pesadelo americano» de Antón Losada

Data
Luns, 19 de outubro de 2020
Horario
20.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, para asistir será obrigatorio a preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.com ata o día 17 de outubro e deberase cumprir co protocolo establecido.

Sociedade da Información
Compartir

O luns 19 de outubro ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade da Información titulada “USA 2020. O pesadelo americano”, que estará impartida por Antón Losada, Profesor Titular de Ciencia Política da USC e comentarista político.

Antón Losada é Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa universidade dende 1998 e ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona. Participou en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e escribiu artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión e El Periódico de Catalunya. A mediados dos anos noventa ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén ten colaborado en diversos programas de radio e televisión, entre os que destacan os programas humorísticos Unha de romanos e A familia Mudanza na TVG, a serie Composteláns dirixida por Xosé Manuel Pereiro, e foi o presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa. Compuxo letras para temas de Siniestro Total e Os Resentidos, así como unha peza de teatro, Qué é das dependentas dos grandes almacéns ó faceren os cincuenta?, para a compañía Pífano.

Próximos eventos Ver axenda