Mércores, 30 de outubro: Proxección do documental "Paraíso roubado"

Data
Mércores, 30 de outubro de 2019
Horario
19:30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19
Compartir

O vindeiro mércores, 30 de outubro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, organiza na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela a proxección do documental “Paraíso roubado” e posterior conversa co Presidente da citada Asociación Antón Masa “Celulosas, de onte a mañá”.

“Paraíso roubado” forma parte dunha triloxía audiovisual de Lukas Santiago, que leva por título Lourizán, terra mártir. Este documental aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia neste auténtico paraíso, e a chegada da Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, hipotecando o seu futuro como consecuencia do "desenvolvemento" franquista. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión militar en defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos. O documental reúne unha serie de testemuñas de veciños do lugar, que van dende o avó do director ata outras voces da zona, mezcladas coas de profesores universitarios, investigadores e historiadores, que defenden a tese do paraíso roubado.

Próximos eventos Ver axenda