Conferencia «Emerxencia climática: Avances da COP durante 25 anos» de Susana Bayo

O próximo luns, 13 de xaneiro de 2020, impartirase ás 20.00h, na Rúa do Vilar, 19, unha conferencia, organizada pola sección de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Emerxencia climática: Avances da COP durante 25 anos», da man de Susana Bayo Besteiro, investigadora predoutoral da UVigo.

Na charla, Susana Bayo falará de emerxencia climática, analizando a principal vía para a adaptación e redución de emisións, a Conferencia das Partes. Amosará tamén un percorrido polos seus 25 anos de celebracións anuais, analizando logros e fracasos, para finalizar mirando cara o futuro, a COP 26.

Susana Bayo Besteiro é licenciada en Física e Máster en xestión da calidade e do medio ambiente. Actualmente é investigadora e estudante predoutoral na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo e foi con Concelleira de Transporte e Medio Ambiente no Concello de Ourente entre 2011 e 2015. Ademais, foi técnica en innovación e desenvolvemento sostible en Climadaptación S.L. ata setembro de 2019.

Próximos eventos Ver axenda