Conferencia «A cidade de Santiago como sistema vivo, unha estratexia de sustentabilidade» de Juan Requejo

O próximo luns 20 de xaneiro ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19 o Ateneo ten programada unha conferencia, organizada pola sección Compostela, co título de «A cidade de Santiago como sistema vivo, unha estratexia de sustentabilidade». A conferencia será impartida por Juan Requejo, Consultor de Planeamento territorial e urbano.
 

O conferenciante falará sobre a transformación da cidade de Compostela e avogará polas propostas en colaboración dos cidadáns para unha transformación de Santiago en clave de sustentabilidade.

Juan Requejo é consultor de planificación, Máster en Economía xeral e Máster en Xegrafía, ademais de Fundador e Director de At Clave. Asesorou a diversos organismos internacionais e a gobernos de varios países e diversas entidades públicas e privadas de España. Dirixiu máis de 40 plans en diversas materias como o desenvolvemento territorial e local, industria, enerxía, ordenación do territorio, urbanismo, turismo e medio ambiente.