Conferencia «Concepción Arenal, unha mística da virtude?» de Anna Caballé

O próximo luns 27 de xaneiro ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19 o Ateneo de Santiago realizará unha Conmemoración polo bicentenario do nacemento de Concepción Arenal, a través dunha conferencia titulada «Concepción Arenal, unha mística da virtude?» que estará impartida por Anna Caballé, Profesora Titular de Literatura Española da Universidade de Barcelona.

Na charla falarase dunha das pensadoras máis importantes e avanzadas do século XIX. Concepción Arenal dedicou a súa vida á defensa da muller, a reforma penal e a causa obreira. A conferencia será dedicada tamén a tratar a súa biografía, dende a súa xuventude, nerviosa e sensible, ata o seu maduramento.

Anna Caballé é escritora, crítica literaria e Profesora Titular de Literatura Española da Universidade de Barcelona. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Historia de España pola súa obra Concepción Arenal. La caminante y su sombra. Dende 2017 é ademais presidenta da asociación sobre xénero e cultura, Clásicas y modernas.

Próximos eventos Ver axenda