«Esplendor de Portugal» de A. Lobo-Antunes

Data
Martes, 21 de xaneiro e 4 de febreiro de 2020
Horario
17.30h
Lugar
Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º)
Compartir

Os martes, 21 de xaneiro e 4 de febreiro, na Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha sesión do Club de Lectura do bloque «Narra a túa propia aldea coma se fose universal», na que se comentará a obra Esplendor de Portugal, de António Lobo-Antunes.

A novela Esplendor de Portugal marca o culme da narrativa de Lobo-Antunes. Fai un percorrido pola dexeneración de unha familia en Angola ao longo de tres xeracións, dende os seus avós como colonos das súas plantacións en África, até os tres fillos, vítimas desa decadencia. A nai dos tres fillos, envíaos a Lisboa para fuxir da guerra en Angola, onde viven xuntos ata que o seu medio irmán maior os bota da casa. Pasarán entón quince anos sen verse de novo.

António Lobo-Antunes é un escritor portugués nado no ano 1942. É licenciado en medicina, con especialidade en psiquiatría e durante tres anos participou na última fase da guerra de liberación colonial de Angola, que a converteu nun tema recorrente en moitas das súas obras. Actualmente vive na súa cidade natal, en Lisboa e dedícase exclusivamente ao xornalismo e á literatura. Publicou numerosas obras, como Memória dun elefante, Manual dos Inqusidores ou Eu hei-de amar uma pedra.

Próximos eventos Ver axenda