Conferencia «Benito Pérez Galdós e a arte da novela realista» de Adolfo Sotelo

O luns 2 de marzo ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Benito Pérez Galdós e a arte da novela realista”, que estará impartida por Adolfo Sotelo, Catedrático de Literatura Española da Universidade de Barcelona.

Benito Pérez Galdós é considerado un dos maiores representantes do Realismo español. Da súa obra, destaca principalmente a produción novelística, con obras como os Episodios Nacionales, que narran a historia de España dende a batalla de Trafalgar ata a restauración monárquica. Galdós manifesta na súa obra a súa condición progresista enfrentando a personaxes conservadores con personaxes con ideas avanzadas e tocando temas como a crítica social, a relixión ou a política. Por outro lado, en moitas outras novelas, adopta unha postura máis obxectiva e renuncia ao plantexamento ideolóxico, nas que se percibe tamén partes de naturalismo, aínda que non se poida encadrar propiamente neste movemento.

Adolfo Sotelo Vázquez é Catedrático de Historia da Literatura Española da Universidade de Barcelona e Director da Cátedra Camilo José Cela de Estudos Hispánicos da Universidade homónima de Madrid. É tamén autor de numerosas publicacións arredor do pensamento e da literatura española da segunda métade do século XIX e do primeiro terzo do XX.

Próximos eventos Ver axenda