Mesa redonda «Universitarias, Científicas e Emprendedoras», con Mabel Loza García, Carme Pampín Casal, Eva López Barrio

O próximo luns, 9 de marzo, como conmemoración do 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, a sección Sociedade Civil do Ateneo de Santiago organiza unha mesa redonda en mans de Mabel Loza García, Carme Pampín Casal e Eva López Barrio. A mesa redonda estará moderada e presentada por María Mar Lorenzo Moledo, e será, como todos os luns, ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19.

A mesa redonda xirará arredor da reivindicación da igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Para iso, farase fincapé nos papeis que teñen as mulleres na Universidade de Santiago de Compostela, como centíficas, emprendedoras e investigadoras.

María Mar Lorenzo Moledo é doutora en Filosofía e Ciencias da Educación ademais de vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos na USC. Forma parte do grupo de investigación ESCULCA de I+D+i da USC e é membro da Rede RIES, que integra sete grupos de investigación das tres universidades do SUG, ademais de coordinadora de Doutoramento en Educación da USC.

Mabel Loza é catedrática en farmacoloxía na Univerisdade de Santiago e coordinadora do grupo de investigación e de formación de persoal investigador BioFarma. É patroa fundadora e coordinadora científica da Fundación Kærtor, unha inciativa de alcance globar pioneira en innovación e no descubrimento de fármacos. Recibiu tamén o premio María Wonenburger da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.

Carme Pampín Casal é doutora en química pola USC e co-fundadora e Directora Executiva de Galchimia S.A., ademais de Presidenta de BIOGA, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida.

Eva López Barrio é técnica de transferenia do coñecemento do Programa Woman Emprende da Universidade de Santiago e titora das axudas Emega da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. É tamén coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.

Programa

Próximos eventos Ver axenda