«Todo se esfarela», de Chinua Achebe

Data
Martes, 18 de febreiro de 2020
Horario
17.30h
Lugar
Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º)
Compartir

O martes 18 de febreiro na Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha sesión do Club de Lectura do bloque «Narra a túa propia aldea coma se fose universal», na que se comentará a obra Todo se esfarela, de Chinua Achebe.

O libro está situado na Nixeria do século XIX e narra a historia de Okonkwo, un gran guerreiro igbo orgulloso das tradicións do seu pobo. Cando regresa á súa aldea despois do exilio, atopa que as súas terras están baixo a influencia dunha nova relixión traída polo home branco. Trátase dunha novela que retrata un mundo que se esfarela pola chegada do colonizador británico.

Albert Chinualumogu Achebe é un escritor, poeta, profesor e crítico nixeriano, que destaca pola súa primeira novela Todo se esfarela (Things Fall Apart, 1958), unha das obras máis lidas da literatura africana moderna. Formou parte do servizo diplomático ao formarse a República de Biafra e, en 1971, fundou o xornal literario Okike. Foi tamén editor do xornal Uwa ndi lgbo, en inglés e igbo.

Próximos eventos Ver axenda