Novas
Presentación da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra
- Compartir
Este mércores, ás 11.00 h, Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia, comparecerá xunto á Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva en rolda de prensa telemática para presentar a Escola de Letras.
A Rolda de Prensa realizarase a través da ferramenta Zoom. Por motivos de seguridade, para ser autorizados, os medios que desexen participar deberán identificarse no seu perfil de usuario/a, cando se conecten á aplicación, con nome, apelidos e medio ao que representan.
Dende Galaxia enviarán o enlace á videoconferencia a primera hora da mañá. A sala de espera conectarase ás 10.30 horas para facer as comprobacións e as probas de son e vídeo.
(Non se permite reenviar o enlace a terceiros/as)