Novas

La medicina compostelana (1847-1950). Nuevos retazos de una historia inacabada

Compartir

 

O ateneísta Avelino Franco Grande ven de publicar a súa obra "La medicina compostelana (1847-1950). Nuevos retazos de una historia inacabada", na cal entre as páxinas 353 e 406 fai referencia á historia dos ateneos composteláns do último terzo do século XIX e inicios do XX (a súa orixe, características, evolución, compromiso...) e as actividades levadas a cabo nesa época.

Así, refírese ao Ateneo Popular (1871), o Ateneo Escolar Gallego (1881), o Ateneo Compostelano (1888), o Centro Escolar (1890), o Ateneo Escolar Compostelano (1893) e o Ateneo León XIII (1893).

Dende a Xunta Directiva do Ateneo de Santiago queremos darlle os nosos parabéns ao autor polo seu traballo.