Novas

Venres, 18 de setembro: Presentación de poemario no Ateneo de Ourense

Compartir

 

O Ateneo de Ourense organiza para o vindeiro venres, 18 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do poemario Los ojos de eros de Manuel J. Maside.

Lugar: Sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso, 30).

RECENSIÓN: O amor move montañas, pero que hai antes do amor? A sensualidade, o erotismo desalmado, posuírnos. Este poemario vai diso, de todo o que a carne pide, dos mitos. Toda a sensualidade que a poesía vai dando está aquí concentrada, agardando que provoque polo menos algo de fogo nas vosas almas.

AUTOR: Manuel J. Maside (Ourense, 1989) leva escribindo poesía dende os quince anos. Publicou poesía na revista virtual ourensá Orballo, colaborou coa revista virtual UndergroundLab con artigos de música e ten publicado Non vos pertencemos, un libro de microrrelatos e relatos curtos.