Novas

Catálogo da exposición "Colección Abrente" do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Compartir





Liberación en liña para descargar e consultar do catálogo da exposición “Colección Abrente. Arte Galega no desafío cultural do 70”,  comisariada por Sabela Fraga, última exposición que se inaugurou no Museo Etnolóxico de Ribadavia.





A mostra reúne un estudo sobre a colección de arte contemporánea galega reunida pola Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia (Ourense) grazas ás doazóns dos artistas.





O catálogo presentouse o 21 de febreiro e a declaración de Estado de Alarma coincidiu co inicio da distribución, por iso dende o Museo queren facilitar que todo mundo poida acceder ao seu contido, debido tamén a que non se pode visitar a exposición.





Acceso ao catálogo