Novas

Galiciana. Sistema de Difusión e Recolección do Patrimonio Dixital de Galicia

Compartir

Galiciana, o maior directorio e recolector de patrimonio cultural de Galicia, facilita o acceso, a través dun portal único, a contidos dixitais recompilados e xestionados nas institucións correspondentes, que participan voluntariamente permitindo a recolección dos seus repositorios. A colección está formada por unha gran variedade de libros, xornais, revistas, documentos de arquivo, fotografías, mapas, etc.; que se recompilan grazas a proxectos de dixitalización que buscan, non só preservar o patrimonio cultural, senón difundilo entre a cidadanía.





Galiciana forma parte do proxecto Hispana, que se encarga de agregar os obxectos dixitais das institucións da memoria españolas e que á súa vez é colleitado por Europeana, que é o portal do patrimonio cultural europeo que conta con máis de 50 millóns de obras de arte, obxectos, libros, vídeos e sons de toda Europa.





Patrimonio Galiciana





Biblioteca Galiciana





Arquivo Galiciana