Novas

Luns, 27 de abril: Jonas Kaufmann en streaming dende a Ópera de Múnich

Compartir

No marco do seu programa de emisións en streaming, a Bayerische Staatsoper de Múnich anunciou a actuación do tenor bávaro Jonas Kaufmann, quen ofrecerá un pequeno recital este luns 27 de abril ás 20.15h. Acompañado ao piano por Helmut Deutsch, Kaufmann interpretará o ciclo Dichterliebe (Amor de poeta) de Robert Schumann. A súa actuación inclúese dentro dunha gala especial da Ópera de Múnich para honrar a memoria do falecido Sir Peter Jonas, quen fora o seu responsable artístico entre 1993 e 2006. Ademais do citado Kaufmann, actuarán tamén a soprano Elsa Benoit e o Münchner Klaviertrio, entre outros.





STAATSOPER.TV