Novas

Ópera

Compartir

Mahler Festival Online





Festival da Royal Concertgebouw Orquesta e o Royal Concertgebouw de Ámsterdam, que terá lugar do 8 ao 17 de maio. Mostraranse máis de 25 transmisións seleccionadas dos arquivos propios da Concertgebouworkes con gravacións recentes e dúas edicións especiais das sesións Empty Concertgebouw creadas polo barítono Thomas Oliemans e o Cuarteto Alma. Tamén se poderá disfrutar de Mahler's Universe, unha serie documental filmada en todo o mundo, con entrevistas con persoas de renome como Jessye Norman, Jaap van Zweden e a neta do compositor, Marina Mahler.





Scala de Milán





O Teatro alla Scala de Milán abre os seus vídeos gratuitamente a través da cadea estatal Rai.





Met de Nova Iork





O Metropolitan Opera House de Nova Iork ofrece gratuitamente dende as 00.30h (hora española) unha selección de óperas que estarán dispoñibles durante as seguinte 20 horas:
4 de maio: As vodas de Fígaro de Mozart
5 de maio: Hamlet de Ambroise Thomas
6 de maio: O amor de lonxe de Kaija Saariaho
7 de maio: Capriccio de Richard Strauss
8 de maio: La Bohème de Puccini
9 de maio: Documental The Opera House
10 de maio: Cavalleria Rusticana de Pietro Mascagni e Pallasos de Ruggero Leoncavallo





Ópera de Viena





A Ópera de Viena ofrece unha ou dúas óperas diarias de forma gratuíta.