Novas

Venres, 15 de maio: Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID19

Compartir

O 15 de maio a Cidade da Cultura organiza o primeiro dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas. Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade constará dun total de oito sesións en formato videoconferencia, que poderán seguirse de balde previo rexistro. Abordarán temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.





15 MAIO | 18 H | Retos nos contidos dixitais da cultura 





Na primeira sesión dos abordaranse os desafíos e oportunidades que as novas plataformas e ferramentas tecnolóxicas presentan aos profesionais e institucións culturais no contexto actual. Para tratar estes temas contarase coa participación da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano Pintado, e do comisario de exposicións e coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago Mariño, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.





Máis información
Inscribirse









Próximos Foros #aculturasegue





Nas vindeiras semanas desenvolveranse as diferentes sesións que compoñen este ciclo de reflexión e debate. En conxunto, celebraranse un total de oito foros, centrados nos seguintes temas:





  • Retos nos contidos dixitais da cultura
  • Retos do sector da música na era postcovid
  • Retos do sector das artes escénicas na era post-covid
  • Retos do sector das artes visuais na era post-covid
  • Retos do sector do libro na era post-covid
  • A confianza dos consumidores cara a participación en eventos culturais e o perfil do consumidor na era post-covid
  • Novos formatos e mercados
  • Novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais