Novas

Mes do Medio Ambiente e os Océanos en Afundación

Compartir
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño e o Día dos Océanos o 8 de xuño, Afundación mostra o seu compromiso coa sustentabilidade e o medio natural mediante a programación dos seguintes actos:

Luns 1 de xuño, 17.00 h. "O liderado empresarial para o desenvolvemento sustentable tras COVID19" por Mara Mendiluce, membro do Comité de Dirección do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentable.

Martes 2 de xuño, 19.00 h. "Contribución da pesca aos océanos sustentables: a visión do sector pesqueiro internacional" por Javier Garat, secretario xeral da Confederación Española de Pesca (CEPESCA), presidente da Asociación das Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da UE (Europche) e presidente da Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras (ICFA).

Mércores 3 de xuño, 18.00 h. Coloquio "Mulleres do mar" con Rita Míguez (mariscadora e presidenta de ANMUPESCA), Rosa Chapela (responsable da área de Socioeconomía da pesca do CETMAR Vigo) e Jenifer Suárez (pescadora).

Xoves 4 de xuño, 17.00 h. "Innovación para un océano sustentable" con Montserrat Pérez, Francisco Rodríguez e Jess Gago, científicos de diferentes áreas de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Venres 5 de xuño, 17.00 h. "Cara á enerxía do futuro: do homo sapiens á economía circular' por Nieves Cifuentes, responsable corporativa de Medio Ambiente e Sustentabilidade en Naturgy.

Luns 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, 19.00 h. Programa de sustentabilidade: "Pleamar, apostando pola sustentabilidade pesqueira, acuícula e o crecemento azul" por Javier Remiro Perlado, coordinador da área de Pesca e Acuicultura Sustentables en Fundación Biodiversidad.

Martes 9 de xuño, 18.00 h. "Como sigamos contaminando as rías, acabaremos con máis patóxenos" por Alberto Gutiérrez, investigador predoutoral do grupo de oceanografía biolóxica do Campus do Mar.

Martes 16 de xuño, 18.00 h. "O mar de Galicia e o cambio climático" por Xosé Antón Álvarez Salgado, profesor de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).

Martes 23 de xuño, 18.00 h. "O papel do fitoplancton no cambio climático' por Luis Pablo Alcázar, investigador predoutoral do CIMA - Universidade de Vigo.

Martes 30 de xuño, 18.00 h. "Pepino de mar, o gran descoñecido. Cal é o seu papel no océano?" por Tania Ballesteros Otero, ECIMAT - Universidade de Vigo.

Máis información