Novas

BASES DO V PREMIO ATENEO CINEDUCA

Compartir

 

1.- Poderán participar todos os niveis educativos non universitarios de Galicia.

2.- As obras terán unha duración aproximada de entre 10 e 20 minutos, incluídos títulos de crédito, e tratarán, en xeral, temas relacionados con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe. 

3.- Recoméndase que as pezas presenten unha ratio 16:9 ou 4:3 (gravación horizontal) e deberán ter unha resolución HD (1280 x 720 píxeles), ou ben Full HD (1920 x 1080), que a maioría de equipos de gravación xa incorporan por defecto. 

4.- Cada centro poderá presentar un máximo de dúas obras.

5.- Para facer chegar as pezas enviarase un enlace privado ao enderezo electrónico do Ateneo de Santiago: ateneo@ateneodesantiago.gal.
No corpo do correo electrónico achegaranse os seguintes datos:
           - Nome do centro educativo
           - Título da obra presentada
           - Nome do docente que titorizou o grupo de traballo 
           - Nivel educativo do equipo técnico e artístico integrante
           - Unha sinopse de ata 500 caracteres
           - Duración

6.- O prazo para o envío das obras remata o 15 de marzo de 2026.

7.- As obras recibidas serán obxecto de avaliación a cargo dun xurado composto polo presidente do Ateneo de Santiago, ou persoa en quen delegue, e outras seis persoas vinculadas á educación e/ou ao audiovisual.

8.- As obras presentadas, preferentemente en galego, serán avaliadas en función dos seguintes criterios: 
           a) Relevancia da práctica educativa que se representa.
           b) Nivel de participación do alumnado na realización da peza.
           c) Calidade técnica do produto.
           d) Orixinalidade.
           e) Valor engadido do filme para a comunidade escolar.

9.- No caso de a obra ser premiada, o centro que a enviou deberá achegar unha copia dixital mp4.

10.- Establécese un primeiro premio dotado con 1.000 euros e un segundo premio de 500. Tamén se outorgará un accésit e 300€ a aquela obra que o xurado considere merecente deste recoñecemento. 

11.- O fallo do xurado será inapelable e a participación implica a aceptación destas bases.

12.- As obras premiadas poderán ser divulgadas polo Ateneo de Santiago e non xerarán dereitos de autor.

Descargar as bases