Novas
CINECLUB ATENEO 2025: O CINE FRANCÉS DO SÉCULO XXI
Desenvolverase os martes ás 19.00h do 20 de maio ao 17 de xuño

- Compartir
O Ateneo de Santiago iniciará o martes, 20 de maio, un novo ciclo do seu Cineclub, titulado nesta ocasión «O cine francés do século XXI».
A proxección das películas integrantes do ciclo terá lugar ás 19.00h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela).
Cada unha das sesións será presentada brevemente polos coordinadores do ciclo e estará seguida dun coloquio co público asistente
PROGRAMA:
8 mulleres (8 femmes)
François Ozon, 2002 (103 minutos)
20 de maio, 19.00h
As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)
Robert Guédiguian, 2011 (109 minutos)
27 de maio, 19.00h
Frantz
François Ozon, 2016 (113 minutos)
3 de xuño, 19.00h
Mali Twist (Twist à Bamako)
Robert Guédiguian, 2021 (125 minutos)
17 de xuño, 19.00h