Novas

IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

A IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 11 de marzo ao 2 de abril de 2025 na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Compartir

 

A IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) vai centrarse nesta convocatoria no tema «Educación e Cidadanía», é dicir, como as películas presentan o papel da educación e as escolas como axentes centrais da construción da cidadanía nos escolares. 

O concepto de cidadanía, complexo e multidimensional, non é doado de definir, pero nel cabe incluír temáticas como os valores, o  respecto ás diferenzas, o sentimento de pertenza a unha comunidade cultural e social, os dereitos e deberes como cidadán, etc. A cidadanía é, polo tanto, unha dimensión central de toda educación.

O tema da cidadanía, ademais, resulta moi relevante para oAteneo de Santiago pois constitúe o eixo básico da nosa proxección sobre a cidade. O artigo 3 dos Estatutos do Ateneo desprende cidadanía nos catro puntos nos que concreta a súa función e compromisos: difusión da educación, ciencia e cultura; dereitos humanos, cívicos e sociais; valores democráticos; e problemas sociais, ambientais e económicos. 

Nesa mesma visión de cidadanía está comprometida a educación en todos os seus niveis, da etapa infantil á universidade, e o cine recolleuna en non poucas películas.

 

PROGRAMACIÓN:

CONFERENCIAS E DEBATES
19.30h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Conferencia «Educar en cidadanía: un compromiso co futuro»
José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago
Presenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC
Luns, 17 de marzo de 2025

Mesa redonda «Cine, Educación e Cidadanía»
Coordina: Xosé Armas, Profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da USC
Participan:
Marcos Galleo Fernández, cineasta
Sofía Rama Lorenzo, profesora do IES Félix Muriel de Rianxo
Felipe Guerra, cineasta e formador, membro da asociación portuguesa AO NORTE de Viana do Castelo
Luns, 24 de marzo de 2025

 

PROXECCIÓN DE PELÍCULAS
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Amal
Director: Jawad Rhalib
Bélxica, 2023
Presenta: Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC
Martes, 11 de marzo de 2025

Esta terra é miña (This Land is Mine)
Director: Jean Renoir
Estados Unidos, 1943
Presenta: Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na  Consellería de Educación
Mércores, 12 de marzo de 2025

Unha razón brillante (Le brio)
Director: Yvan Attal
Francia, 2017
Presenta: Luis Trillo, Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Carlos III de Madrid
Martes, 18 de marzo de 2025

Adeus, rapaces (Au revoir les enfants)
Director: Louis Malle
Francia, 1987
Presenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC
Mércores, 19 de marzo de 2025

No mundo a cada intre (En el mundo a cada rato)
Directoras/es: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera e Javier Fesser
España, 2004
Presenta: Mar Lorenzo, Decana da Facultade de Ciencias da Educación
Martes, 25 de marzo de 2025

O mestre que prometeu o mar (El mestre que va prometre el mar)
Directora: Patricia Font
España, 2023
Presenta: Maricarmen Sánchez, Catedrática de instituto 
Mércores, 26 de marzo de 2025


IV PREMIO ATENEO CINEDUCA
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Proxección dos traballos seleccionados
Entrega de Premios e clausura da Mostra
Mércores, 2 de abril de 2025


Bases do IV PREMIO ATENEO CINEDUCA

Díptico