Novas
Homenaxe a Farruco
Terá lugar o martes, 4 de febreiro, ás 20.30h no Salón Teatro

- Compartir
O vindeiro martes, 4 de febreiro, ás 20.30h no Salón Teatro (Rúa Nova, 34) celebrarase unha homenaxe a Xosé Luís Bernal (Farruco), que contará coa presenza de actores e cómicos como Pepo Suevos, Xosé A. Touriñán, David Amor, Roberto Vilar, Quico Cadaval, Isabel Risco, Isi, Carmen Méndez, Luis iglesia, Xan Veiga, Celso F. Sanmartín, Avelino González, Cándido Pazó, Carmen Méndez, David Noya e Arantxa Treus.
A entrada é libre ata completar a capacidade, previa retirada de convite na billeteira do Salón Teatro dende 2 horas antes do comezo do acto (18.30h).
