Novas
CINECLUB ATENEO 2025: CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI
Desenvolverase todos os martes ás 19.00h do 14 de xaneiro ao 25 de febreiro
- Compartir
O Ateneo de Santiago iniciará o martes, 14 de xaneiro, unha nova edición do seu Cineclub, que nesta ocasión estará centrado no ciclo «Cinema galego do século XXI».
A proxección das películas integrantes do ciclo terá lugar ás 19.00h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela.
Cada unha das sesións será presentada brevemente polos directores, guionistas ou intérpretes convidados e estará seguida dun coloquio co público asistente.
PROGRAMA:
Eroski Paraíso
Jorge Coira, 2019 (75 minutos)
Presentación e coloquio co seu director, Jorge Coira
14 de xaneiro, 19.00h
O lapis do carpinteiro
Antón Reixa, 2003 (106 minutos)
Presentación e coloquio co seu director, Antón Reixa
21 de xaneiro, 19.00h
Doentes
Gustavo Balza, 2011 (79 minutos)
Presentación e coloquio co seu guionista, Roberto G. Méndez
28 de xaneiro, 19.00h
Malencolía
Alfonso Zarauza, 2021 (75 minutos)
Presentación e coloquio co seu director, Alfonso Zarauza
4 de febreiro, 19.00h
Sofía Casanova: a obreira do pensamento
Zaza Ceballos, 2022 (95 minutos)
Presentación e coloquio coa súa directora, Zaza Ceballos
11 de febreiro, 19.00h
O home e o can
Ángel de la Cruz, 2022 (109 minutos)
Presentación e coloquio co seu protagonista, Manuel Manquiña
18 de febreiro, 19.00h
Salta!
Olga Osorio, 2023 (119 minutos)
Presentación e coloquio coa actriz Mabel Rivera, intérprete dunha das personaxes
25 de febreiro, 19.00h