Novas
BASES DO IV PREMIO ATENEO CINEDUCA
- Compartir
1.- Poderán participar todos os centros educativos non universitarios de Galicia.
2.- As obras, preferentemente en galego, terán unha duración aproximada de entre 10 e 20 minutos, incluídos títulos de crédito, e tratarán, en xeral, temas relacionados con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe.
3.- Recoméndase que as pezas presenten unha ratio 16:9 ou 4:3 (gravación horizontal) e deberán ter unha resolución HD (1280 x 720 píxeles), ou ben Full HD (1920 x1080), que a maioría de equipos de gravación xa incorporan por defecto.
4.- Cada centro poderá presentar un máximo de dúas obras.
5.- Para facer chegar as pezas enviarase un enlace privado ao enderezo electrónico do Ateneo de Santiago: ateneo@ateneodesantiago.gal.
No corpo do correo electrónico achegaranse os seguintes datos:
- Nome do centro educativo
- Título da obra presentada
- Nome do docente que titorizou o grupo de traballo
- Nivel educativo do equipo técnico e artístico integrante
- Unha sinopse de ata 500 caracteres
- Duración da peza
6.- O prazo para o envío das obras remata o 17 de febreiro de 2025.
7.- As obras recibidas serán obxecto de selección a cargo dunha comisión composta polo presidente do Ateneo de Santiago, ou persoa en quen delegue, e outras seis persoas vinculadas á educación e/ou ao audiovisual.
8.- No caso de ser elixida para a súa exhibición na sesión de entrega de premios, o centro deberá achegar unha copia dixital mp4.
9.- Establécese un primeiro premio dotado con mil euros e un segundo premio de cincocentos. Tamén se outorgará un accésit a aquela obra que o xurado considere merecente deste recoñecemento.
10.- O fallo do xurado será inapelable e a participación implica a aceptación destas bases.
11.- As obras premiadas poderán ser divulgadas polo Ateneo de Santiago e non xerarán dereitos de autor.