Novas

MANUEL LÓPEZ-RIVADULLA, NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE ATENEOS DE GALICIA

O Presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo, foi elixido novo Vicepresidente

Compartir

 

Na xuntanza da Federación de Ateneos de Galicia, celebrada o pasado día 6 de xuño na cidade de Pontevedra, foi elixida unha nova Xunta Directiva, encabezada por Manuel López-Rivadulla, representante do Ateneo de Santiago, como Presidente. O novo órgano de representación queda, ademais, formado polo Vicepresidente Xaime Toxo (Ateneo de Pontevedra), a Secretaria Luísa Abad (Ateneo Atlántico de Vigo), o Tesoureiro Antón Porteiro (Ateneo de Santiago) e os Vogais Francisco Javier Montero Dongil (Ateneo Ferrolán), Xulio Pardellas (Ateneo Santa Cecilia de Marín), Pablo González Prieto (Ateneo de Ourense) e Xosé Collazo (Ateneo de Moaña).