Novas
XXX edición da homenaxe "O escritor na súa terra - Letra E": Euloxio R. Ruibal
Organizado pola Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, terá lugar o sábado, 15 de xuño.
- Compartir
PROGRAMA DE ACTOS
11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore do autor, unha abeleira. No Parque de Galeras (Santiago de Compostela). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
- Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
- Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Euloxio R. Ruibal.
12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. No Teatro Principal (Rúa Nova, 21). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Intervencións de:
- Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
- Lectura da concesión da Letra E, por Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidencia da AELG.
- Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Laudatio do autor, por Inma López Silva.
- Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
- Euloxio R. Ruibal. intervención do homenaxeado. Resposta á laudatio.
14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Hotel Compostela (Rúa do Hórreo, 1). As persoas interesadas en participar no xantar deberán reservar a súa praza enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o seu nome e apelidos, antes do 10 de xuño.