Novas
FRANCISCO CANDELA, NOVO PRESIDENTE DO ATENEO DE SANTIAGO
José Manuel González Herrán foi elixido como novo Vicepresidente
- Compartir
Na Asemblea extraordinaria, celebrada o pasado luns, día 27 de maio, foi elixida unha nova Xunta Directiva para o Ateneo de Santiago. Encabezada polo Presidente Francisco Candela, o novo órgano de representación queda formado polo Vicepresidente José Manuel González Herrán, a Secretaria Pilar Sampedro, o Tesoureiro Antón Porteiro e os Vogais Marina Luisa Somoza, Xosé Ramón Pousa, Juana María Otero, Manuel López-Rivadulla, María del Carmen Sánchez Carrera e tres novas incorporacións, Álvaro Silva, Enriqueta Rivas e Luis Rivero de Aguilar.
Entre os obxectivos marcados por esta nova Xunta Directiva para o vindeiro trienio están, entre outros, consolidar e ampliar as actividades culturais e cidadás, fortalecendo o tecido cívico compostelán, a colaboración con outras entidades e asociacións, a mellora da comunicación cos asociados e a consolidación da Federación de Ateneos de Galicia.