Novas

Homenaxe ao Coronel Manuel Durán Clemente, Capitán galego do 25 de abril

Compartir

 

O mércores, 8 de maio, a Federación de Ateneos de Galicia ten programada unha Homenaxe ao Coronel Manuel Durán Clemente, Capitán galego do 25 de abril. A xornada de homenaxe constará de dous actos:

11.00h. Acto privado de recepción no Concello de Santiago por parte da Alcaldesa Goretti Sanmartín.

12.00h. Acto público de recepción por parte da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago e posterior diálogo. Este acto desenvolverase no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º) con acceso libre ata completar a capacidade da sala.